miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Provocan danos e rouban en cinco vehículos en garaxes de Vilalba

A Garda Civil investiga os feitos, cuxo autor ou autores levaron diversos artigos persoais

A Garda Civil está a investigar unha serie de roubos en cinco garaxes do centro urbano de Vilalba, cuxo autor ou autores -entre outras cousas, trátase de determinar se foi a mesma persoa ou varias-, provocaron desfeitas en cinco vehículos e levaron diversas pertenzas persoais do interior dos mesmos.

Varios dos afectados acudían este venres a presentar a pertinente denuncia por estes feitos, como unha veciña que precisaba que estacionara o seu coche ao redor das 20.30 horas e á mañá seguinte, sobre as 8.45, subiuse e viu que estaba revolto o interior. "Ao mirar para atrás vin que estaba forzada a porta e que me levaran o bolso, que sei que non tería que deixalo, pero estaba debaixo do asento do copiloto e os cristais son tintados, e tamén a carteira, tarxetas, décimos de lotería...", di.

"Chamei á Garda Civil e solicitei as imaxes das cámaras de seguridade", explica esta afectada, que precisa que nestas vese a un encapuchado acceder ao garaxe a través dunha porta que dá ao portal do edificio ás 21.03, dirixirse ao seu coche e saír cinco minutos despois.

O seu foi o único coche afectado das decenas que se aparcan no garaxe, pero non o único de Vilalba, pois se denunciaron outros catro sucesos similares. Para previr este tipo de roubos, a Garda Civil recomenda aos usuarios de garaxes con porta automática que esperen sempre a que esta se peche, para reducir así o risco de que se coe alguén nun descoido.

Provocan danos e rouban en cinco vehículos en garaxes de Vilalba
comentarios