viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Propostos para sanción o local e os clientes do polémico vídeo de Vilalba

A difusión deste clip, tomado nun local de Vilalba durante a sesión vermú do San Ramón, está a xerar indignación da comarca. A súa aparición en múltiples publicacións de Facebook e a súa circulación por whatsapp xerou a indignación de moitos veciños ao comprobar a falta absoluta de medidas de seguridade en plena pandemia.  Varios cibernautas solicitaron que os presentes sexan identificados e propostos para sanción.
"É inxusto que nos xulguen por 20 segundos". O dono do negocio asegura que as imaxes reflicten "un momento puntual"

Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Vilalba realizaron sendas propostas de sanción para o local e para os clientes do polémico vídeo compartido en redes sociais no que se ve a varias persoas bailando sen máscara no interior do establecemento. Despois do visionado das imaxes gravadas pola cámara do propio bar o pasado luns 31, os axentes tramitaron as respectivas denuncias que xa trasladaron ás autoridades competentes, aínda que a investigación continúa aberta á espera de identificar a máis acodes que puidesen incumprir os protocolos de seguridade.

Segundo o propietario do local, as imaxes reflicten "un momento puntual", ao redor das 14.00 horas, "cando non había nin 50 persoas" a pesar de que o establecemento ten aforamento para 80. "Tódolos anos poñemos a canción do San Ramón e os que estaban xuntáronse para facer un vídeo, a parte de atrás quedou totalmente baleira", relata un home que asegura que "desde o confinamento tivemos cero problemas: cumprimos co aforamento, cos horarios, os traballadores levamos máscara... É inxusto que nos xulguen por 20 segundos".

Ademais, afirma que "ese día estiveron os municipais vixiando e aquí non viñeron", polo que incide en que as imaxes non reflicten o ocorrido realmente.

Propostos para sanción o local e os clientes do polémico vídeo de...
comentarios