lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

As Pontes prevé que as probas de biocombustibles na planta comecen nun mes

Reunión do comité de crise das Pontes e o conselleiro de Industria celebrada este mércores. XUNTA
Reunión do comité de crise das Pontes e o conselleiro de Industria celebrada este mércores. XUNTA
Serán verificadas por Xunta e Goberno central. O comité de crise e o Executivo galego urxen ao estatal a convocar unha reunión para aclarar o futuro da térmica de Endesa 

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, prevé que "nun mes, mes e pico" comezarán as probas de biocombustibles na planta térmica, que terán un "control absoluto" por parte de entidades "tan cualificadas" como o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) —dependente da Xunta— e a Intervención Xeral da Administración do Estado (Igae) co fin de avaliar a súa viabilidade. 

O rexedor informou diso este mércores no marco dun encontro en Santiago comité de crise das Pontes co conselleiro de Economía, Francisco Conde, para "coordinarse" e "seguir vixiantes coas tarefas que hai que facer". Nese sentido, González Formoso advertiu de que a supervivencia do complexo de Endesa pasa por convertelo "en algo distinto do que foi ata agora de queima de carbón", de aí a importancia das probas experimentais de queima de lodos. 

Paralelamente, o rexedor socialista reclamou que exista un "trato adecuado" para a comarca na repartición de fondos europeos e estatais para a descarbonización, nun territorio cunha "perda de emprego importante desde o ano 2000". Remarcou que o obxectivo da transición ecolóxica é a "substitución o carbón a medio prazo", e para iso require axudas. "Que nos axuden a reinventarnos industrialmente falando", afirma. 

Conde urxe ao Ministerio de Transición Ecolóxica a implicarse "e dar unha resposta"

Preguntado sobre a declaración por parte de España da urxencia climática, González Formoso subliñou que esa medida en si "non beneficia ou prexudica en nada", senón que "o que beneficiará ou prexudicará serán textos lexislativos" e as medidas concretas que deles emanen.

REUNIÓN. Pola súa banda, o conselleiro Francisco Conde urxiu ao Goberno que se convoque a mesa das Pontes para abordar entre administracións e traballadores "cales son os seguintes pasos a dar para garantir que hai unha transición xusta". Así, esixiu ao Goberno que "reaccione" e a Endesa que "poña as medidas necesarias para dar unha solución", posto que "o Ministerio de Transición Ecolóxica tense que implicar e dar unha resposta" con concrecións sobre fondos e prazos. 

No tocante a Endesa, empraza a que teña unha "implicación activa" para a "reactivación" da planta, para o que asegura que a Xunta estará "vixiante" sobre a avaliación das probas con biocombustibles. 

Para o funcionamento da planta, Conde pide ao Executivo central que aposte pola eliminación do céntimo verde, así como unha retribución para a combustión de lodos

As Pontes prevé que as probas de biocombustibles na planta comecen...
comentarios