Os primeiros 200 abonos para o FIV sairán á venda o luns

O festival de música indie volverá tinguir de fucsia Vilalba os días 24 e 25 de abril
Explosión fucsia en la anterior edición del FIV. C.A.
photo_camera Público na anterior edición do FIV. C.A.

O vindeiro luns, 10 de febreiro, a partir das 11.00 horas, a organización do FIV de Vilalba porá a disposición do público os primeiros abonos para a súa 13ª edición, que se celebrará os días 24 e 25 de abril de 2020 na capital chairega. Os primeiros 200 abonos poderán ser adquiridos a través da plataforma en liña www.ataquilla.com ou na web corporativa www.fivdevilalba.com a un prezo de 22 euros máis os gastos de xestión.

Tras catro anos consecutivos esgotando todas as entradas, o festival galego regresará esta primavera para mostrar en Vilalba "o mellor da musica indie do momento", informa a organización nun comunicado.

"Moi pronto se darán a coñecer as primeiras confirmacións do seu cartel. O FIV 2020 contará, un ano máis, cun completo programa de actividades, que incluirá charlas, unha exposición, a súa xa clásico concerto á hora do vermú no Auditorio Carmen Estévez e sesións de cine con filmes de temática musical", engade.

Así, da man deste festival, "Vilalba vestirase de fucsia para converterse de novo no epicentro nacional da mellor música indie durante todo un fin de semana", conclúe.

Comentarios