Pontoibo honra o seu pasado

A asociación veciñal pontesa inaugurou un monolito de San Vicente, protagonista das festas dende 1857

Festa da Malla de Pontoibo. EP
photo_camera Festa da Malla de Pontoibo. EP

Unha vez máis, e xa van catro, o lugar de Pontoibo, nas Pontes, volveu a vista atrás para recuperar un traballo con longa tradición que está a esmorecer, a malla. Os veciños aproveitaron a ocasión para honrar o pasado por partida dobre, xa que inauguraron un monolito na honra de San Vicente.

Novo monolito na honra de San Vicente. EP"No ano 1857 xa se facían festas en Pontoibo, na honra a San Vicente noso patrón, e despois de 166 anos esta directiva quixo que fora tamén da asociación", recita Luis Ameneiro, o presidente dun  colectivo dinámico que espera conseguir pronto ese ansiado local social que aínda non é unha realidade. "Temos moitas ganas", indica.

"A festa da malla estivo moi ben, creo que foi a mellor que houbo nunca", di Ameneiro, que engade: "Houbo moitísima xente esta vez". Cifra nunhas 40 as persoas que participaron nos traballos da malla —todos voluntarios—e unhas 150 as que se xuntaron nacomida popular, cun menú a base de caldo, bolas con liscos e xamón cocido, postres, café e bebidas. 

"O trigo coséchao a asociación e despois de mallalo subastámolo, igual que a palla, e así tamén sacamos algo e cubrimos parte dos gastos da festa", di o presidente do colectivo veciñal, que explica que a animación musical estivo a cargo dun clásico da cita, a agrupación de música tradicional No Cómbaro, e do dúo Benymar.
 

Comentarios