lunes. 21.09.2020 |
El tiempo
lunes. 21.09.2020
El tiempo

As Pontes volverá saír á rúa polo futuro da térmica

Procesión de velas. EP
Procesión de velas. EP
O comité de crise convoca para este xoves un apagamento e unha concentración na Praza do Carme ás 20.00 horas e invita aos asistentes a acudir con velas 

As Pontes volverá saír á rúa este xoves para esixir un futuro para a térmica. O comité de crise promove un apagamento de 20.00 a 21.00 horas, coincidindo cunha concentración na Praza do Carme e invita aos asistentes a acudir con velas. 

A concentración convócase baixo a lema Endesa apáganos a luz-As Pontes esixe de Endesa unha resposta e desde o comité de crise explican que aínda que xa solicitaron varias reunións coa eléctrica non conseguiron que os convoquen para un encontro. 

Desde o comité instan á cidadanía a sumarse ao apagamento e á concentración. As rúas permanecerán sen luz durante unha hora porque tamén se apagará a iluminación pública. 

As Pontes volverá saír á rúa polo futuro da térmica
comentarios