Un pontés regala flores ao persoal que traballa en plena corentena do Covid-19

Nacho Díguele repartiu 400 paquetes de tulipanes e iris entre o centro de saúde, supermercados e a residencia de anciáns
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Nacho Díguele

O pontés Nacho Díguele, floricultor de profesión, fixo de Santa Klaus en marzo, pero en lugar de xoguetes o seu son as flores. Uns 400 paquetes de tulipanes e de iris que el mesmo cultiva nas Pontes foron entregados ao persoal de diversos sectores que traballa durante os días de confinamento e encheron de cor o undécimo día de corentena.

Empregados dos supermercados da localidade, de farmacias, de servizos de limpeza, de servizos sociais, do centro de saúde e usuarios e persoal da residencia xeriátrica foron os afortunados en recibir flores. ¿O obxectivo? "Darlles unha alegría a todos eses traballadores, sacarlles un sorriso", afirma Nacho, quen comezou na mañá do luns co seu labor altruísta, que culminaba o martes na residencia de maiores. "Intentei non deixar a ninguén sen elas, como teño flores para todos...", chancea este veciño, autónomo, que tamén ve golpeado o seu negocio en tempos de coronavirus.

Xeralmente, sorprendeu bastante esta idea, houbo persoas que se emocionaron e algúns ata choraron

Generated by  IJG JPEG LibraryE é que os seus tulipanes e iris plantados fai uns catro meses tiñan un destino diferente que, debido ao parón forzoso por mor da declaración do estado de alarma, Nacho viuse obrigado a cambiar. "A idea xurdiu na semana de San José, na que adoitaba haber bastante venda", explica, "e o confinamento pillounos con bastante flor cortada e gardada nas cámaras". Así que había dosposibilidades, "ou tirala toda ou regalala, e o último que quería era botala no lixo".

Ante a imposibilidade de entregala aos veciños para evitar o efecto chamada e que a xente non salga das súas casas, a decisión estivo clara. "Xeralmente, sorprendeu bastante esta idea, houbo persoas que se emocionaron e algúns ata choraron", di Nacho, promotor dunha iniciativa orixinal que os seus veciños aplaudiron a través das pantallas e as redes sociais.

Ademais, este pontés aproveita así para promocionar o sector da flor, "sen facer dano a ninguén, sen estragar nada e intentando alegrar aos que están angustiados". Agora, con dúbidas planeando sobre o futuro máis próximo das súas flores, seguirá pondo a punto as súas tulipanes, iris e liliums —que florecerán nunhas semanas— aínda sen saber que saída terán. Ao fin, non hai virus nin alarma que free a primavera.

Un pedacito de Holanda pontesa
Nacho Díguele recolleu a testemuña dos seus pais fronte a un negocio único na zona. Tulipanes, iris e liliums Son as variedades que máis planta nos seus invernadoiros.
2.000 metros cadrados
É a superficie coa que conta e que cultiva escalonadamente. Actualmente, ten unha cuarta parte ocupada. 
Medio milleiro de paquetes de tulipán e de iris están almacenados nas cámaras. Se en 15 días a situación segue igual, tamén serán regalados.

Comentarios