O pontés Olegario Corral Pico festexou os seus cen anos de vida rodeado da súa familia

Foi taxista, aprendeu a tocar o saxofón tenor e con el botou máis de oito décadas percorrendo festas e romerías como integrante de distintas formacións

Olegario Corral Pico celebrando o seu centenariazo coa súa familia. EP
photo_camera Olegario Corral Pico celebrando o seu 100 aniversario coa súa familia. EP

Olegario Corral Pico, veciño da parroquia pontesa de Ribadeume, vén de cumprir cen anos, un aniversario que festexou nunha gran celebración que a súa familia non quixo perderse. O xa centenario pode presumir de atesourar unha longa traxectoria musical, logo de que seu pai, un dos fundadores da banda de Ribadeume, lle ensinase as primeiras notas con apenas seis anos. Olegario, que tamén foi taxista, aprendeu a tocar o saxofón tenor e con el botou máis de oito décadas percorrendo festas e romerías como integrante de distintas formacións —Los Ribadeumes, Hispania, Alegría, a orquestra Mallorca ou Os Burgás—, unha longa traxectoria que o fixo merecedor dunha homenaxe das agrupacións pontesas por Santa Icía.

Comentarios