As Pontes lanza unha iniciativa para celebrar o aniversario dos nenos na porta de casa

O Concello e Protección Civil propoñen que a felicitación sexa a ritmo de sirenas
Martín Ferro, el día que cumplió cuatro años. EP
photo_camera Martín Ferro, o día que cumpriu catro anos. EP

“Estaba súper vergoñoso pero ao mesmo tempo non lles quitaba ollo, estaba alucinando”, din Paula Franco e Manuel Ferro, os pais de Martín, un neno de As Pontes que probablemente non esquecerá o seu aniversario dos catro anos. Polo menos, terá unha historia para sempre.

Coches de Protección Civil, coa felicitación a todo volume. EPO Concello das Pontes anunciou este mércores que en colaboración con Protección Civil lanzaba unha iniciativa para que os máis pequenos puidesen ter un bo recordo dos seus aniversarios pese ao confinamento. E Martín Ferro Franco foi o primeiro en comprobar como un coche de Protección Civil e un camión contraincendios desprazábanse ata a súa casa, situada na rúa Pardo Bazán, coas sirenas para pór a todo volume o aniversario feliz.

“Eu estaba a traballar e empezoume a soar o móbil. A xente que sabía que era o aniversario de Martín empezoume a mandar o enlace coa noticia do Concello. Non sabía se o ían a facer porque era o propio día que o anunciaban pero chamei e xenial, non puxeron ningún problema”, explica Paula.

“Pensei que xa que ía ser un cumpre raro, que polo menos fose diferente e a verdade é que estivo xenial, gustoume moito e é dos de recordar”, di a organizadora da dedicatoria, que explica que unha das cousas que máis lle gustou é que ao escoitar a música os veciños empezaron a saír polas fiestras a aplaudir e a sumarse á felicitación colectiva, que en tempos de peche e soidade, suma.

Aínda que todo depende das idades. O irmán de Martín, Dani, de oito anos, xa avisou aos seus pais con tempo: “Se dentro dun mes seguimos así a min non me fagades isto”. Para os que se animen só teñen que chamar ao número de teléfono 673.20.16.56.

“É importante que nos avisedes con antelación para poder organizarnos”, explican desde as redes sociais do Concello, que animan a sacar sorrisos aos máis pequenos con estas dedicatorias. Seguro que a algún adulto tamén lla arrincarían, ¿ou non?

Comentarios