2-0. O As Pontes cae na súa visita ao Arzúa tras unha accidentada segunda parte

Unha vermella directa sobre Álex López foi determinante para o desenlace do partido
Un momento del partido. CD AS PONTES
photo_camera Un partido das Pontes desta temprada. CD AS PONTES

O CD As Pontes non puido facer realidade o devandito popular de que a adestrador novo, vitoria segura, e perdeu (2-0) na súa visita ao Arzúa, que foi a estrea de Manuel Losada ‘Chollas' como adestrador, aínda que seguiu o partido desde a bancada ao non contar aínda coa súa ficha.

O partido estivo moi igualado na primeira parte, na que os locais se decantaron por un xogo directo que apenas inquietou ao rival, mentres que os ponteses tiveron nun man a man de Pájaro que salvou Marqueta, ao redor dos 20 minutos de partido, a súa mellor ocasión.

Tras o paso por vestiarios, o encontro desequilibrouse tras unha acción individualde Brais Pedreira, que centrou atrás e, tras un barullo na área no que Paco acabou lesionado cun forte golpe no pómulo, Borja Míguez encargouse de enviar o balón ao fondo da rede (m.59).

O gol fixo dano ao conxunto pontés, pero se refixo e, cando mellor se atopaba sobre o terreo de xogo, o colexiado expulsou con vermella directa a Álex López tras unha falta a Iker no bordo da área. Iván García executou un lanzamento directo que se converteu no 2-0 (m.74), que unido á superioridade numérica dos locais deixou o encontro practicamente sentenciado.

Con este resultado, o As Pontes suma seis xornadas consecutivas sen gañar e segue antepenúltimo con nove puntos, cando ten por diante un mes complicado no que se medirá a Vilalbés, Polvorín, Bergantiños e Fabril.

Ficha técnica

Arzúa: Marqueta, Dani Branco, Álex Vázquez, Jorge Queiruga, Alberto (Álvaro, m.46), Pedro Delgado, Marcos García (Santi Taboada, m.76), Brais Pedreira, Lodeiro (Iván García, m.57), Borja Míguez (Casal, m.76) e Iker.

As Pontes: Paco (Bugy, m.59), Edgar (David García, m.59), Álex López, Dani,Borja, Iñaki, Gonzalo, Paxaro, Artai (Quique, m.68), Mitogo e Del Río (Berto, m.59)Goles: 1-0, m.59: Borja Míguez. 2-0,m.75: Iván García.

Árbitro: Javier Figueiredo Comesaña, de Vigo. Mostrou cartón amarelo ao local Iván García e ao visitante Mitogo. Expulsou con vermella directa ao xogador do As Pontes Álex López (m.74).

Incidencias: Partido disputado no campo do Viso, en Arzúa.

Comentarios