A Policía Local e a Garda Civil tramitan medio cento de denuncias nas Pontes

A maioría aplicáronse a persoas reincidentes. A escusa máis repetida por non cumprir o estado de alarma son supostas compras pero hai todo tipo de desculpas
Anselmo Pellón, jefe de la Policía Local de As Pontes. M.MANCEBO
photo_camera Anselmo Pellón, xefe da Policía Local das Pontes. M.MANCEBO

A Policía Local e a Garda Civil realizaron 150 controis nas Pontes e tramitaron 47 expedientes de denuncia por non cumprir as medidas de confinamento, ao que se sumou un detido por violencia de xénero.

A maior parte das denuncias aplicáronse a xente que xa era reincidente, tal e como sinalan dende a Policía Local das Pontes, que tramitou 19 denuncias.

"En general se está cumpliendo con el confinamiento y es algo que me gustaría destacar y agradecer a la población, pero siempre hay la treta o la mentirijilla", valora Anselmo Pellón, o xefe da Policía Local, que recoñece que a situación tamén cambiou o concepto dalgunha xente con respecto aos corpos de seguridade. "Algunos tomaron un poco de aprecio a la policía y son más conscientes de que también estamos para echar una mano y no solo para multar en la Avenida de Galicia", di.

Unha das escusas máis repetida por non cumprir o estado de alarma son as supostas compras pero hai todo tipo de desculpas. "Aquí todo el mundo viene de comprar y no había lo que iba a buscar pero no tiene ni más compra ni ticket", di Pellón, que relata outras coartadas máis anecdóticas como un home que viña de Roupar, en Xermade, a mirar a tensión na farmacia, ou outro de Candamil, tamén en Xermade, que se desprazou ata As Pontes a comprar pan "porque el de allí no le gustaba".

"Una mujer nos pidió permiso para llevar un mantel a casa de una hermana para ponerle un ribete y solicitó que la llevásemos en coche porque ella no tenía", conta o responsable da Policía Local que, fóra anécdotas, indica que a petición máis recorrente que lles chega é por temas de agricultura non profesional e para atender a animais sen censar.

"El decreto tiene muchas lagunas, por lo que intentamos aplicar sentido común y adaptarlo a las circunstancias de donde vivimos, no es lo mismo el confinamiento en plena Castellana que aquí", apunta o responsable da Policía Local, que indica que aínda que os primeiros días si que deron avisos por aproveitar a escusa do can para dar paseos lonxe agora mellorouse. "Ahora estamos incidiendo en cuántas veces lo sacan de casa, porque también aumentan las salidas a veces", conclúe.

Comentarios