O plan de vialidade da Xunta conta con 500 profesionais e 70 máquinas

O dispositivo busca garantir a seguridade e mobilidade en máis de 5.500 quilómetros de vías da rede autonómica
Un momento de la visita de Ethel Vázquez al centro de conservación de Cabreiros, en Xermade. M. MANCEBO
photo_camera Un momento da visita de Ethel Vázquez ao centro de conservación de Cabreiros, en Xermade. M. MANCEBO

O plan de vialidade invernal da Xunta de Galicia, activo desde o pasado 1 de novembro e vixente ata o próximo 30 de abril, está integrado por uns 500 profesionais, 26 centros operativos, máis de 70 máquinas e unhas 5.200 toneladas de fundentes.

Estas son as cifras que barallan desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cuxa titular, Ethel Vázquez, visitou este venres xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, un deses centros de conservación e explotación.

Concretamente desprazouse ata o de Cabreiros, na localidade chairega de Xermade, para comprobar en primeira persoa o dispositivo despregado coincidindo cunhas xornadas nas que a intensa choiva, a neve e as xeadas estendéronse por toda a Galicia por mor dun forte temporal.

Precisamente o plan de vialidad invernal da Xunta busca garantir "a seguridade e mobilidade nos máis de 5.500 quilómetros de estradas da rede de titularidade autonómica", confirmou Ethel Vázquez, indicando que na provincia de Lugo a consellería dispón actualmente de seis centros operativos de conservación e explotación dotados con 1.700 toneladas de provisións e fundentes, e a maquinaria e o persoal preciso para garantir o mellor servizo e atender uns 1.500 quilómetros de vías de titularidade da Xunta en Lugo.

A consellería dispón de seis centros de conservación con urnas de 1.700 toneladas de provisións e fundentes na provincia

A conselleira de Infraestruturas enmarcou este dispositivo na preocupación do Executivo autonómico por incrementar "a seguridade viaria e garantir a mobilidade de todos aqueles cidadáns que a diario empregan as vías autonómicas" para acudir aos seus postos de traballo ou de estudo, ou no seu tempo de lecer.

Durante a súa visita á comarca chairega, Vázquez tamén se referiu aos recursos que dirixe o seu departamento ao mantemento e conservación das vías, e destacou que nos orzamentos do ano 2020 destinaranse "23,5 millóns de euros" á rede viaria da provincia.

Para finalizar, subliñou ademais a necesidade de que os esforzos da Xunta en seguridade viaria vaian acompañados pola "responsabilidade de todos", xa que ningún plan de vialidad invernal da administración "pode suplir a prudencia, o respecto e a responsabilidade ao volante", manifestou Ethel Vázquez. Por iso, pediu á condutores "cautela e precaución", especialmente en días como os deste venres, nos que a neve e a choiva intensa son os compañeiros de viaxe.

Comentarios