Piden 8 anos de cárcere para un subtenente que tiña un arsenal nunha casa en Parga

O home escondera as armas en dobres fondos, compartimentos secretos, incluso na súa habitación da residencia militar
Arsenal incautado a un militar en Parga y A Coruña GUARDIA CIVL
photo_camera Arsenal incautado a un militar en Parga y A Coruña GUARDIA CIVL

Un subtenente do Exército de Terra que escondeu durante anos centenares de armas nos seus domicilios enfróntase a oito de anos de cárcere por un delito de posesión de arsenal de guerra.

O xuízo contra este militar para o que Fiscalía solicita oito anos de cárcere foi suspendido o pasado mes de abril pola enfermidade dun dos letrados. Catro meses máis tarde, está previsto que se celebre o próximo 29 de setembro na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, que ademais de oito anos de prisión solicita dez anos de inhabilitación para posuír licenza de armas, este subtenente do Exército de Terra acumulou durante anos un arsenal de armas de guerra que escondía na súa casa de Parga e na súa habitación da residencia militar da Coruña.

O arsenal foi descuberto no marco dun rexistro relativo a unha investigación coa que o procesado estaba vinculado. Así, os días 3 e 4 de xuño, produciuse a entrada dos dous domicilios do acusado: unha casa en Parga e a súa habitación na residencia militar da Coruña da rúa Maestranza.

As armas estaban escondidas en dobres fondos de armario e en ocos deseñados para ocultar os rifles, pistolas e munición que, durante anos, este subtenente foi acumulando, segundo sostén Fiscalía no seu escrito de acusación.