Dúas persoas resultan feridas leves nunha colisión por alcance na A-6 en Begonte

Foron trasladadas ao Hula, aínda que as súas lesións non revestían gravidade
El coche accidentado en Begonte. EP
photo_camera O coche accidentado en Begonte. EP

O coche sinistrado en Begonte. EPDúas persoas resultaron feridas de carácter leve nunha colisión por alcance que se rexistrou este xoves pola mañá, ao redor das 10.30 horas, no punto quilométrico 518,6 da A-6, no termo municipal de Begonte.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e urxencias médicas, que trasladaron os implicados no choque ao Hula, sen que as súas feridas revistan gravidade. 

O sinistro produciuse no mesmo punto quilométrico no que se rexistrou esta madrugada, sobre as 5.30 horas, unha saída de vía dun camión, cuxo condutor resultou ileso. Este accidente obrigou a cortar o carril esquerdo da autovía, á espera da retirada do vehículo pesado. 

A pesar de estar correctamente sinalizado, o corte de carril puido ser a causa do descoido que provocou a colisión por alcance.