Dúas persoas resultan feridas tras a colisión entre un autocar e un turismo

O suceso tivo lugar á altura da parroquia de Santaballa
El autocar accidentado. EP
photo_camera O autocar accidentado. EP

Na mañá deste martes, ao redor das 10.30 horas, rexistrouse unha colisión por alcance á altura da parroquia vilalbesa de Santaballa -km. 4050 da estrada LU-861-. No suceso están implicados un turismo e un autocar.

Os ocupantes do autocar resultaron ilesos, mentres que os do coche presentaron feridas leves.