Dúas persoas resultan feridas nun accidente rexistrado de madrugada en Vilalba

O sinistro produciuse na LU-P-6502, que conduce a Lanzós e San Simón
El accidente registrado en Vilalba. EP
photo_camera El accidente registrado en Vilalba. EP

Dúas persoas resultaron feridas de distinta consideración nun accidente rexistrado este mércores de madrugada en Vilalba e no que se viron implicados dous vehículos. 

Os feitos ocorreron sobre as 6.15 horas, na estrada LU-P-6502, que conduce ás parroquias de Lanzós e San Simón, á altura do punto quilométrico 1,800, xunto ao cruzamento que dá acceso ao polígono industrial.

Todo parece indicar que, debido á néboa, un do turismo saltouse o stop e chocou co outro coche que circulaba pola vía provincial, producíndose unha colisión frontal-angular e resultando feridos os dous condutores.

Foi un particular o que alertou do sucedido á central de urxencias do 112 Galicia, desde onde se pasou aviso a Urxencias Sanitarias, o Subsector da Garda Civil de Tráfico, os bombeiros do parque comarcal de Vilalba (que acudiron ao lugar por proximidade, aínda que non foi necesaria realizar ningunha excarceración), o servizo municipal de urxencias e a Policía Local.