O persoal de Erom esixe que se cumpran os acordos laborais

Os traballadores concentráronse na nave que a firma ten en Sete Pontes
Concentración frente a la nave de Erom. M. MANCEBO
photo_camera Concentración fronte á nave de Erom. M. MANCEBO

O persoal de Erom -división de Acciona que realiza o mantemento de parques eólicos- concentrouse onte fronte á nave que a compañía ten no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba para esixir "que se respecten os dereitos laborais e salariais", que non se produzan "máis despedimentos" e que se cumpran "os acordos acadados" para ter "unhas condicións dignas".

Desde o comité de empresa explicaron que froito dunha serie de negociacións, que se iniciaron coa elección da primeira representación sindical en maio, a empresa comprometeuse a regular "a distribución da xornada laboral", así como a consultar "a elaboración dos calendarios".

"É un punto que ata o momento a empresa non está a cumprir, e que é moi importante para o persoal, xa que poden chamalos estando no Vicedo para facer un traballo na Fonsagrada e ese desprazamento non conta como tempo de traballo efectivo, non compensa nin se desconta da bolsa de horas", denuncian desde o comité, recordando que os traballadores tamén queren dispor dun "desglose dous conceptos das condicións económicas variables", unha información que a empresa non lles facilita.

Ademais esixen que non haxa "máis despedimentos", despois de que a firma "botase a seis compañeiros a finais do mes de xaneiro", deixando o persoal en 106 traballadores.

"Ante este ninguneo e esta tomadura de pelo", o persoal de Erom non descarta realizar novas protestas "se a empresa non dá un paso adiante".

Comentarios