Unha persoa resultou ferida nunha saída de vía con envorco en Vilalba

O sinistro rexistrouse na LU-861, á altura da parroquia de Mourence
El accidente registrado en Vilalba. EP
photo_camera El accidente registrado en Vilalba. EP

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns nunha saída con envorco rexistrada na VilalbaO sinistro tivo lugar ao redor das 9.30 horas na LU-861, no punto quilométrico 2,3, á altura da parroquia de Mourence.

Foi un particular o que alertou á central de urxencias do 112 Galicia do accidente. Segundo precisou, o condutor sairía polo seu propio pé do vehículo, pero necesitaría asistencia médica.

Desde o 112 Galicia informouse o servizo municipal de urxencias, á Policía Local, a Protección Civil, a axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e a urxencias sanitarias.

Tamén se mobilizou a medios de limpeza e mantemento de estradas para poder restablecer a circulación no punto á máxima brevidade.