Unha persoa resulta ferida nunha colisión entre dous vehículos na N-VI, en Begonte

Outro condutor tivo que recibir asistencia sanitaria este luns tras unha saída de vía en Castro de Rei
Estado en el que quedó el turismo tras la colisión en la N-VI. GUARDIA CIVIL
photo_camera Estado no que quedou o turismo tras a colisión na N-VIN. GARDA CIVIL

Unha persoa resultou ferida tras producirse este luns unha colisión frontal entre un turismo e un vehículo articulado na Nacional 6, no punto quilométrico 527,900, ao seu paso polo lugar de Pacios, no municipio de Begonte.

Un particular foi o que deu o aviso ao redor das dez da mañá á central de urxencias do 112 Galicia, indicando que nun principio non había feridos, pero despois informou de que unha persoa si precisaba asistencia ao atopase un pouco aparvada. Desde o 112 mobilizouse a Urxencias Médicas e ao subsector de Tráfico de Lugo e informouse aos bombeiros de Vilalba e ao servizo de conservación de estradas.

Este non foi o único incidente nas estradas chairegas, xa que ás 9.20 aproximadamente produciuse unha saída de vía na LU-P-1611, no quilómetro 97, na parroquia de Azúmara, en Castro de Rei. Neste caso, tamén foi un particular quen alertou ao 112, indicando que un vehículo se saíu da vía e chocou contra unha varanda, que o seu condutor estaba ferido e que o turismo entorpecía un pouco a circulación.

Ao lugar mobilizouse ao 061 e ao subsector de Tráfico de Lugo.