Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Pellón deixa a acta de concelleira de Xuntos polas Pontes e Ribeira tomará posesión

Alberto Pellón.AEP
Alberto Pellón.AEP

Presentará a dimisión no pleno deste mércores

Alberto Pellón, concelleiro de Xuntos polas Pontes desde 2015, presentará no pleno ordinario de mañá a renuncia á súa acta como edil «por motivos persoais». No seu lugar, no próximo pleno ordinario, tomará posesión Xosé.

"Xa entreguei a renuncia hai semanas pero se fará oficial mañá no pleno. Quería estudar e necesitaba tempo", confirmou Pellón, que facendo balance destacou que nesta etapa no Concello aprendeu "moitas cousas sobre como funciona a administración". "É unha experiencia moi boa e recomendable e vou seguir apoiando a Xuntos na medida na que poida", dixo.

No seu lugar, incorporarase Xosé Manuel Ribeira, que acompañará a María Chao na representación da plataforma veciñal. Ribeira, de 69 anos e xubilado de Endesa, é o responsable do museo do xoguete pontés O Comenzo das Cousas e unha cara coñecida da política local a pesar de que se estreará agora como concelleira.

"Fun de infantería sempre", di un "home de esquerdas sempre" que asegura que afronta o novo cargo con moita "responsabilidade", con gran "compromiso de traballo" e coa idea clara de representar "ás asembleas abertas". "Non me gusta como funcionan os concellos, vía institucional habería que dar unha gran volta, falar en nome da xente", di, mentres aposta por unha oposición "leal e próxima á xente".

PLENO. No pleno deste mércores, ademais da renuncia de Pellón, aprobarase un expediente de crédito, a modificación das normas subsidiarias na rúa 8 de marzo e debateranse varias mocións.

O BNG xa anunciou cinco, entre as que se inclúe a proposta de ampliar o servizo da Escola Infantil nas instalacións do Hospitalillo do Poboado das Veigas, a posta en marcha do servizo de Xantar na Casa e que os vales de alimentos póidanse trocar en calquera comercio local. Ademais, unha vez máis, solicitarán a dimisión do concelleiro de obras e instarán o Concello a dar un paso máis para conseguir os 54 millóns de euros do Plan do Carbón. 

Xuntos polas Pontes presentará dous, unha en apoio ás afectadas polo peche do concesionario Motorkar na comarca e outra contra "a manipulación nos medios de comunicación públicos galegos".

Pellón deixa a acta de concelleira de Xuntos polas Pontes e Ribeira...
Comentarios