Duque conta a 200 estudantes de Lugo a súa experiencia para fomentar vocacións

O Ciar de Rozas celebrou unha xornada de portas abertas no que participou a través de videoconferencia o ministro de Ciencia
Pedro Duque se dirge a los estudiantes a través de videoconferencia. XESÚS PONTE
photo_camera Pedro Duque diríxese aos estudantes a través de videoconferencia. SILVIA SILVIA IGLESIA

O ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, explicou este luns a través dunha videoconferencia a importancia da tecnoloxía aeroespacial, ademais de falar da súa propia experiencia como astronauta, a case douscentos alumnos de 3º e 4º da ESO nunha xornada de portas abertas no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (Ciar).

Na organización desta xornada colaboraron a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Instituto de Técnica Aeroespacial (Inta) e as multinacionais Boeing, Indra e Babcock, xunto coa Xunta de Galicia, co obxectivo de espertar futuras vocacións científicas neste ámbito.

A xornada de portas abertas incluíu a décima edición do programa de divulgación científica 'Sciencie Truck', que contou coa participación do ministro de Ciencia e Innovación mediante unha videollamada, para falar cos alumnos presentes da súa experiencia como astronauta e da importancia desta rama da ciencia.

Esta actividade, conducida por Javier Santoalla e Rocío Vidal, tamén foi emitida en directo a través das redes sociais Youtube e Facebook.

Ata as instalacións do Polo Tecnolóxico de Rozas tamén se desprazou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a directora xeral da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Paloma Domingo; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

"Queremos acercanos ao talento para sumar vocacións", sinalou o conselleiro Francisco Conde durante o acto

Conde recordou que esta actividade se enmarca no programa "Voando alto, sumando vocacións", co que a Administración pretende estimular "no estudiantado galego o talento innovador", mediante actividades que sirvan para entreter e espertar entre os adolescentes o interese pola ciencia, ademais de mostrarlles as actividades que se están desenvolvendo en Rozas.

"Queremos acercanos ao talento para sumar vocacións e que os máis novos identifiquen as oportunidades de futuro que para o seu desenvolvemento profesional ofrece este sector", dixo o conselleiro.

CONDE ROZAS (11)Conde tamén precisou que ese programa "Voando alto, sumando vocacións" vai dirixido a un total de 2.350 estudantes de todos os niveis educativos e ao público en xeral, ademais de anunciar que, proximamente, poranse en marcha as actividades "Enxeñando futuro", en colaboración con Indra, e "Fly the future", con Babcock.

"O obxectivo final é estimular nos nosos mozos o talento innovador", dixo Conde, especialmente nun ámbito, como o dos vehículos aéreos non tripulados, que "está en crecemento", porque está previsto que en 2035 haxa en Europa máis de 400.000 usuarios e que se xeren 90.000 postos de traballo.

Comentarios