O Parlamento de Galicia pide ao Goberno non pechar as centrais térmicas de Meirama e As Pontes

Invita ao a revisar o seu plan de transición enerxética por considerar que o proposto poría en risco 1.600 postos de traballo

Central térmica de As Pontes. XESÚS PONTE
photo_camera Central térmica das Pontes. XESÚS PONTE

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei impulsada do PPdeG solicitando ao Goberno central un plan de transición enerxética máis racional e sostible que manteña as centrais térmicas das Pontes e Meirama.

A iniciativa, apoiada polo PPdeG, que ten maioría na Cámara galega, preconiza constituír de inmediato o grupo de traballo anunciado polo Ministerio de Industria para integrar a representantes das comunidades autónomas co fin de analizar o modelo de transición enerxética.

Invita o Goberno central a revisar o seu plan de transición, por considerar que o proposto suporía de facto pór en risco 1.600 postos de traballo en Galicia co peche "exprés" das centrais térmicas, que figuran entre as máis contaminantes de España.

Así mesmo, esixe que se instauren canto antes os mecanismos de capacidade suprimidos -pagos por dispoñibilidade- de acordo cos criterios establecidos pola UE para as centrais térmicas de carbón máis viables económica e ambientalmente.

Tamén reclama facer efectivo o mecanismo de apoio, por un importe de 20 millóns de euros, para a redución das emisións contaminantes nas centrais térmicas de carbón.

Comentarios