O pai de Desirée insiste en denunciar aos avós maternos por "falso testemuño"

Tamén sopesa querellarse coa directoria do colexio
El padre de Desirée, ante la Audiencia. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera El padre de Desirée, ante la Audiencia. VICTORIA RODRÍGUEZ

José Manuel Leal, o pai de Desirée Leal, a nena de sete anos asasinada en Muimenta en maio de 2019, avanzou este luns que vai intentar imputar por falso testemuño" aos avós maternos –pais da presunta autora– e á directora do colexio, quen foi ao xuízo "a mentir" e a negar que se activou un protocolo de acoso escolar cara á menor. 

Así o adiantou en declaracións aos medios ás portas da Audiencia Provincial este luns, onde todas as partes lerán as conclusións finais tras unha semana do xuízo contra a nai de Desirée, para a que Fiscalía, acusación particular e acusación popular –exercida pola Fundación Amigos de Galicia– solicitan a prisión permanente revisable. 

Sete días despois do arranque das sesións, Leal confirmou que tratará de denunciar aos avós maternos polas súas declaracións e á directora porque "chegou a dicir que non pasou nada" en torno ao protocolo de acoso que sufriu a nena por outras compañeiras do colexio. 

"Teño probas en que ela (a directora) recoñece que si, que había acoso escolar e non só coa miña nena, senón con máis nenas", deixou caer o pai de Desirée. 

Ademais, José Manuel Leal advertiu que non lle deterá "nada" para seguir pedindo a prisión permanente revisable para a que foi a súa parella. De feito, se non se impoñen os seus argumentos e non é condenada pola Audiencia Provincial de Lugo á pena máxima, recorrerá o fallo "sen ningunha dúbida". 

Ao seu modo de ver, á espera do veredicto do xurado, o pai de Desirée considera que a semana de xuízo serviu para acreditar "que quedou bastante claro que (a nai) foi a autora do crime e como o cometeu". "Que a afectación (mental) que tiña era parcial e non significativa e que incluso que non tiña que gardar relación cos feitos en si", subliñou. 

En canto ás conclusións dos forenses do venres, Leal confesou que se tivo que saír fóra da sala "porque foi dura, son cousas moi fortes para un pai".