Ourol, Abadín e As Pontes volverán plantar pataca tras dous anos de veto

Agricultura propón levantar a restrición tras constatar que non houbo ningunha captura de couza neses municipios no último bienio

Una plantación de patata con una trampa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Unha plantación de pataca cunha trampa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A Consellería de Medio Rural proporá en breve levantar a prohibición de plantar pataca nos concellos lucenses de Ourol e Abadín, así como nos coruñeses das Pontes, Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol e A Capela tras dous anos de veto pola aparición da praga da couza. A Xunta constata unha evolución "moi positiva" na redución de capturas en todos os municipios, pero nestes nove non houbo ningunha nos dous últimos anos, polo que defende levantar a restrición para que estes concellos pasen de zona infestada a zona tampón. 

O director xeral de Agricultura, José Balseiros, presidiu este mércores a comisión de seguimento da couza. Alí, acordouse trasladar esta proposta a comezos de xaneiro en Madrid a responsables do Ministerio de Agricultura. 

Neste encontro participaron, entre outros, técnicos de Medio Rural, do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, así como representantes da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) e da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

SITUACIÓN EN BERGANTIÑOS. Nun comunicado, a Xunta informa ademais de que se actúa nas tres zonas infestadas nos municipios de Carballo e A Laracha, na comarca produtora de Bergatiños, onde xa se retiraron nove toneladas de pataca de diversos almacéns.  No caso de Carballo e A Laracha tamén se procedeu á destrución das patacas infectadas, á vez que colócanse trampas para a captura de couza e refórzanse os labores de inspección. Xunto a isto, levan a cabo encontros formativos para informar os veciños. 

Comentarios