Dous octoxenarios resultan feridos nunha saída de vía en Castro de Rei

El coche, tras salirse de la carretera. EP
photo_camera O coche, tras saírse da estrada. EP

Un home, duns 84 anos e unha muller, de 83, veciños de Meira, foron evacuados este venres ao Hula tras sufrir un accidente de tráfico na parroquia de Ansemar, en Castro de Rei, minutos antes das dúas.

O turismo no que viaxaban saíuse da estrada e quedou envorcado na cuneta.

Comentarios