Novos ritmos ponteses

O novo artista local Manufa debutará mañá no Orballo Cultural, que chega por primeira vez ás Pontes, e comparte cartel co grupo revelación Verto, a artista canaria Ptazeta e a música tradicional renovada de Baiuca, que actuará o domingo
Manufa actuará en el Orballo Cultural. SERGIO LOUZAO
photo_camera Manufa actuará no Orballo Cultural. SERGIO LOUZAO

O ORBALLO Cultural chega por primeira vez ás Pontes e cae como auga de maio, sobre todo para Manufa, o artista pontés que fai o seu debut sobre os escenarios neste ciclo de concertos.

"Emocionado e con ganas", esas son as sensacións de Manuel Fernández Alonso, máis coñecido no panorama musical como Manufa. O mozo de 21 anos confesa que o seu principal desexo é que a xente goce da súa música e da súa actuación deste sábado.

A súa aproximación á música produciuse en 2019. Nese momento estaba a estudar algo que non lle motivaba, polo que decidiu tomarse un respiro e buscar o que realmente lle gustaba. "A clave é o autoconocimiento", conta Manufa, e froito desa autoexploración empezou a probar no mundo do rap desde a súa habitación. Desde entón, a música fíxose un oco na súa vida e converteuse na súa principal motivación.

é difícil encaixar o seu repertorio nun só xénero, como el mesmo confesa, xa que "flúe desde a salsa ao techno, pasando polo dembow, o trap acougado e o trap duro", e ante a falta de palabras no dicionario para cualificala, Manufa inventouse unha propia: "A miña música é unha "pajareada", que sería algo así como moi aleatoria, cando a escoitas nada é o que parece".

O artista aínda non presentou o seu proxecto sobre o escenario, polo que este sábado será a primeira vez que se poidan escoitar en directo cancións como Préndeo, Fumo Fume ou One Shot #1, entre outras. E non o fará só, Manufa rodéase de xente que o axuda a crear e contribúe ao seu proxecto. Encima das táboas nas Pontes estarán Pitón, a súa dj; Seofel, o seu produtor; Nesi, o seu manager, pero que tamén rapeará con el; Jerson PLKS, tamén co micro, e Claudia Sanjurjo, que cantará nunha das cancións.

Durante esta semana, para ir abrindo boca, está a publicar na súa Spotify as novas cancións que comporán o seu primeiro traballo e que xa se escoitarán en directo no Orballo Cultural. Despois do concerto sairá o disco e os videoclips que teñen preparados para a novas canción.

"Animo a todo o mundo a coñecerse a si mesmo, a strong <>buscar algo que lle guste e motívelle realmente e darlle a lume", explica Manufa, o que hai uns anos, cando rapeaba coas paredes da súa habitación como único público, non se imaxinou que formaría parte do cartel do Orballo Cultural.

PROGRAMACIÓN. As Pontes acolle por primeira vez un festival que recala en diferentes concellos e farao no patio do colexio Santa este sábado e o domingo.

A sesión vermú empezará ás 12.30 horas coa actuación de Verto, o grupo que revolucionou o panorama musical galego nos últimos meses. Pola noite, ás 21.30 será a quenda de Ptazeta, a cantante canaria que actuará por primeira vez en Galicia. Logo dela, chegarán os ritmos de Manufa, o artista local que fará o seu debut musical.

O domingo, Baiuca e a súa banda farán soar a súa música tradicional renovada ás 12.30 horas para despedir o Orballo Cultural.

As entradas de todos os concertos están dispoñibles na páxina web www.tickentradas.com<>.

Comentarios