Novo cribado no Basanta Silva de Vilalba

Máis de 500 alumnos están citados
Cribado en el Basanta Silva de Vilalba. M.R
photo_camera Cribado en Vilalba. EP

O Sergas informou de que mantén a vixilancia sobre un brote de covid-19 detectado na localidade lucense de Vilalba que afecta a unha vintena de persoas e, para tratar de cortar canto antes as cadeas de transmisión, programou para este venres un cribado no instituto Santiago Basanta Silva.

O cribado desenvólvese entre as 10 e as 12.00 horas e foron chamados para pasar as correspondentes probas diagnósticas algo máis de cincocentos alumnos do centro. Trátase do segundo cribado realizado polo Sergas nese centro de educación secundaria en poucos días, tendo en conta de que fai algunhas xornadas outros 120 alumnos do instituto realizaron as probas diagnósticas, o que permitiu detectar catro positivos asintomáticos.

Neste momento, a incidencia acumulada é 125 casos por cada 100.000 habitantes a sete días e máis de 150 casos por cada 100.000 habitantes a catorce días.

Vilalba é, xunto con Xove, Cervo e Monforte, un dos catro municipios da provincia de Lugo que pasarán este sábado ao nivel medio de restricións. En canto a Viveiro, pasará ao nivel alto como consecuencia dun brote que xa afecta a unhas 65 persoas.

Comentarios