Vilalba conta cunha nova zona de descanso na rúa da Emigración

O Concello acabou as obras de acondicionamento e habilitou unha pequena praza ao ampliar as beirarrúas
Pequeña plaza habilitada en la Rúa da Emigración. EP.
photo_camera Pequeña plaza habilitada en la Rúa da Emigración. EP.

O Concello de Vilalba acabou as obras dunha zona de lecer e descanso na rúa da Emigración, na súa aposta por humanizar "o centro urbano con proxectos nos que se priorice a sostenibilidade", como informan desde o mesmo.

No espazo acondicionouse unha pequena praza mediante a ampliación das beirarrúas, usando empedraro de xunta aberta, ao ser máis "sostible e permitir a correcta drenaxe da auga", explica o Concello. Tamén hai unha zona axardinada na que se plantaron acacias e un novo espazo de descanso que conta con 16 focos led de baixo consumo. 

O mobiliario instalado é dun material sostible e conta con certificados avalados internacionalmente e garantía de sustentabilidade e respecto ambiental, e os bancos están dotados de luces para facilitar o seu uso pola noite.

"Damos un paso máis neste proceso de recuperar o centro urbano para as persoas, pequenos proxectos nos que respectamos a sostenibilidade e o uso de materiais idóneos", explica Luís Fernández, concelleiro de Infraestruturas do municipio.

Comentarios