A nai de Desirée, a nena morta en Muimenta, continúa ingresada no hospital

As autoridades atópanse á espera de que o seu estado de saúde permita o seu traslado a un centro penintenciario

Entrada del Hula. SEBAS SENANDE
photo_camera Entrada do Hula. SEBAS SENANDE

A nai da nena de sete anos que apareceu morta na súa cama, na localidade lucense de Muimenta, o pasado 3 de maio, permanece aínda ingresada no Hula, á espera de que o seu estado de saúde permita o seu traslado a un centro penal.

A xuíza decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller como investigada por un suposto delito de homicidio ou asasinato.

Segundo informou a Efe a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, "non hai ningunha novidade" de momento no que se refire ao estado da muller. "De momento segue no hospital", precisou, e serán "os médicos" que a atenden os que determinarán cando está "en condicións" para o seu traslado "á penitenciaría".

Sobre a causa pesa aínda o segredo de sumario, de modo que non transcenderon máis datos sobre as circunstancias da morte da pequena por canles oficiais.

Aínda que a muller non recibiu a alta médica, a propia titular do Xulgado de Vilalba trasladouse ao hospital para tomarlle declaración, pero en presenza dun avogado nomeado para a súa defensa, a investigada acolleuse ao seu dereito a non prestar testemuño.