jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Nace unha campaña solidaria de venda de pulseiras para apoiar ao pai de Desirée

Pulseiras á venda na Churrería A Praza.
Pulseiras á venda na Churrería A Praza.
Unha veciña de Muimenta promove a iniciativa para axudar a José Manuel Leal cos gastos xudiciais e para non esquecer á pequena

Unha veciña de Muimenta pon en marcha unha campaña solidaria de venda de pulseiras para apoiar o pai de Desirée, a nena que apareceu morta na localidade chairega o pasado 3 de maio, e para colaborar con que a pequena "non caia no esquecemento".

"Eu era remiso porque non me gusta que me axuden economicamente, pero ela ofreceuse e encargou as pulseiras e a verdade é que os gastos xudiciais son moi grandes. Quixen presentarme como acusación particular e é o que teño que facer pola miña filla", explicou José Manuel Leal, que reiterou a súa intención de solicitar a prisión permanente revisable para a súa exparella, a nai da nena e a única investigada por un presunto delito de asasinato ou homicidio.

Para o proxenitor de Desirée, a venda das pulseiras, ademais de ser un xesto solidario que supón unha axuda económica, tamén é unha forma de homenaxear á pequena. "O día da homenaxe xa repartimos pulseiras azuis entre a xente que asistiu, dalgunha forma son un símbolo", di.

Inicialmente puxéronse á venda, por tres euros, un total de 300 pulseiras brancas cun debuxo dun unicornio e varios corazóns azuis, a cor favorita da nena, acompañados da frase 'Eu son Desirée'.

As pulseiras pódense comprar na Churrería A Praza de Vilalba

"A cousa vai moi ben, están a venderse rápido", explica Mari Eire, a veciña de Muimenta que impulsa esta campaña e que estivo involucrada na organización da homenaxe que se realizou en Roupar o día que Desirée cumpriría oito anos. "Véndoas principalmente a través do Facebook, xa enviei moitas por correo e outras as entreguei en puntos de recollida", indica, e explica que ante o éxito da campaña acaba de encargar outras 100, esta vez de goma e cun deseño similar. Tamén baralla facer camisetas. "É un pulo para unha familia que o está pasando moi mal", di.

Desde este mércores, as pulseiras tamén se poden comprar na Churrería A Praza de Vilalba, que se converteu no primeiro punto de venda.

De forma paralela, desde a entidade Alexia Enséñanos, de Logroño, tamén están a facer outra campaña para conseguir financiamento para acudirse como acusación popular.

Nace unha campaña solidaria de venda de pulseiras para apoiar ao...
Comentarios