O museo Monte Caxado dixitaliza un arquivo cunhas 2.500 fotografías

A empresa Cultureume realiza os traballos e anima aos veciños a achegar máis imaxes

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado impulsa a dixitalización do seu arquivo fotográfico, que suma na actualidade máis de 2.500 fotografías do pasado pontés. A empresa local Cultureume realiza os traballos, que se financian cunha subvención da Deputación da Coruña.

"Dende o ano 2000 fóronse recompilando fotografías antigas. Cando o museo estaba no colexio pedimos a colaboración dos pais dos alumnnos e empezamos a escanear as imaxes. A non ser que houbese unha cesión da orixinal, devolvíase a fotografía e daquela o que faciamos era unha exposición ao ano coas fotos que se recompilaban nese curso", indica José María López Ferro, o presidente da fundación.

José María López. EPCo paso dos anos, moitos veciños decidiron sumar as súas fotografías a este arquivo que agora dá un novo paso para garantir a súa superviviencia. "A importancia de dixitalizar as fotos é que non se perdan e pasen á posteridade", di López Ferro, que destaca que o arquivo fotográfico do museo é "un arquivo do noso pasado, da nosa historia".

O museo supera as 2.000 visitas na nova localización, nun inmoble no barrio antigo da Vila

"As fotografías achegan moita información, sobre como ían vestidos os nosos devanceiros, como foi evolucionando a vila, sobre os usos e costumes doutras épocas...", indica, mentres fala de retos de futuro despois da dixitalización, como publicar as imaxes na web, facer exposicións temáticas ou incluso publicar algún libro.

O ARQUIVO. As fotografías máis antigas retratan a fin do século XIX e o principio do XX e chegan case a poucas décadas atrás. "Non hai unha data límite, empezamos con todas as imaxes en branco e negro pero xa empezaron a vir algunha en cor que xa empezan a ser antigas", di o presidente da Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado, ao tempo que indica que no proceso de dixitalización tamén están aproveitando para incorporar documentos e arquivos, como unha escritura de 1658, a máis antiga, para facer unha base de datos que nun futuro se poida consultar.

Neste momento o museo abre no horario habitual, de martes a venres de 18.00 a 19.30 horas, e sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 horas. A visita ao museo é gratuíta

"Seguiremos recompilando fotos ao longo do tempo pero animamos aos veciños a incorporar imaxes agora para aproveitar que estamos coa dixitalización", apunta López Ferro, que indica que as imaxes poden achegarse ao museo ou poñéndose en contacto con el no número 670.50.96.97. Tamén se poden enviar ao correo [email protected].

Ademais das fotografías, gárdase a documentación de cada unha. No novo arquivo dixital as imaxes dividiranse en agro, vida cotiá, relixión e crenzas, industria, deporte, emigración, oficios, milicia e vella escola.

Agora cos peches perimetrais pasa máis xente da vila, que busca un entretemento

EN CIFRAS. O Museo Etnográfico Monte Caxado abriu as súas portas na nova localización, nun inmoble situado no barrio antigo da Vila, nas Pontes, en marzo de 2019 e dende aquela recibiu 2.200 visitas. "Houbo un receso, porque estivo pechado polo covid-19 e houbo restricións de aforo, pero as visitas continúan. Primeiro foi un público máis familiar dos concellos limítrofes e agora cos peches perimetrais maioritariamente pasa máis xente da vila, que tamén busca un entretemento", indica o presidente da fundación, José María López Ferro. 

Neste momento o museo abre no horario habitual, de martes a venres de 18.00 a 19.30 horas, e sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 horas. A visita ao museo é gratuíta e tamén se poden concertar visitas guiadas, para o que será necesario chamar ao 670.50.96.97.

O museo mostra unhas 2.000 pezas e obxectos, ademais dalgunhas fotografías do pasado pontés.agora cos peches perimetrais maioritariamente pasa máis xente da vila, que tamén busca un entretemento

Comentarios