Unha muller de avanzada idade e en cadeira de rodas sobrevive ao incendio da súa casa en Xustas

Ao lugar desprazáronse Bombeiros do parque comarcal de Vilalba, Garda Civil e unha ambulancia do 061
Casa incendiada. ALBERTO TEIJEIRO
photo_camera Casa incendiada. ALBERTO TEIJEIRO

Unha casa ardeu esta tarde na parroquia de Xustas, en Cospeito.

A propietaria, unha muller de idade avanzada e en cadeira de rodas, salvou a súa vida milagrosamente tras alertar aos veciños do lume.

Ao lugar desprazáronse Bombeiros do parque comarcal de Vilalba, Garda Civil e unha ambulancia do 061, que trasladou á muller ao PAC de Vilalba para realizarlle unha revisión.

Efectivos traballando na casa incendiada. ALBERTO TEIJEIRO