Movemento prepara o Mundial de Danza tras a Mostra Belinda Paz

O festival contou con preto de 170 participantes que bailaron 27 coreografías
Una de las coreografías de la Mostra de Danza Belinda Paz. MARÍA SIMÓN
photo_camera Una de las coreografías de la Mostra de Danza Belinda Paz. MARÍA SIMÓN

A Escola de Movemento de Vilalba atópase xa mergullada na preparación das doce coreografías que defenderán ao redor de 80 bailarinas e bailaríns do 30 de xuño ao 8 de xullo en Braga (Portugal). Pero antes, tiveron tempo de celebrar a súa clásica Mostra de Danza Belinda Paz, que abarrotou o auditorio vilalbés na súa oitava edición.

Preto de 170 participantes defenderon sobre o escenario do Carmen Estévez un total de 27 coreografías -entre elas, a das tres mozas bailarinas do patio dinámico de danza do IES Terra Chá de Castro- ao longo de case dúas horas dun espectáculo seguido con gran interese e implicación por parte do público.

"Arte dende dous anos en diante; sodes un exemplo", apuntan desde a escola que coordina Noelia Branco, en que a que para todos os participantes é "a actuación máis importante do ano", por ser "na nosa vila, coas nosas familias, coa nosa xente".

Cinco bolsas

A cita aproveitouse ademais para entregar os diplomas ás cinco alumnas da escola bolseiras para o próximo curso en cada unha das disciplinas, por amosar "maior actitude de traballo durante as clases".

Así, Ariana Ramudo recibe este recoñecemento en Hip hop, Noa Formoso obteno en Ballet e Laura González é a bolseira en Acro. Concédense ademais outras dúas matrículas gratuítas en Movemento, que recaeron en Lara Fernández e Irene Cabarcos.

Comentarios