A Consellería de Sanidade comunicou este mércores un novo falecemento dunha persoa que fora diagnosticada de coronavirus. A vítima é unha muller de 93 anos que pereceu na súa casa das Pontes, correspondente á área sanitaria de Ferrol.
Con este deceso son xa 2.392 as persoas que morreron en Galicia infectadas de covid-19 desde o inicio da pandemia. Aínda que a súa defunción foi notificada a última hora deste mércores, o óbito tivo lugar o pasado luns.
Segundo matiza o Sergas, a nonaxenaria falecida presentaba patoloxías previas.