Morre o teólogo, filósofo e astrofísico Manuel Carreira, con vínculos en Vilalba

Manuel Carreira Vérez AEP
photo_camera Manuel Carreira Vérez. AEP

Manuel Carreira Vérez, teólogo, filósofo e astrofísico nacido en Valdoviño e que pasou parte da súa infancia en Vilalba faleceu aos 88 anos de idade.

Ingresou na Compañía de Jesús en 1948 e foi ordenado en West Waden (USA) en 1960. Foi membro do Observatorio Vaticano, pertenceu á xunta directiva quince anos, e participou como asesor e colaborador en varios proxectos da NASA. 

En 1999 a Xunta outorgoulle a Medalla Castelao. Será enterrado este mércores en Salamanca, onde faleceu.
 

Comentarios