Un home faleceu este luns ao caer dunha estada na Cospeito. Segundo informa o 112, ata o lugar desprazáronse sanitarios do 061, que só puideron confirmar a súa morte, e axentes da Garda Civil. O falecido é Manolo Lamas, delegado do Rácing Club Vilalbés e pai de Simón Lamas, adestrador do primeiro equipo.
Unha nova que nunca desexariamos ter que dar. Hoxe foise un de nós, un racinguista que forma gran parte dá historia do Rácing Club Villalbés.
Esta mañá faleceu Manuel Lambas “Manolo”, delegado do primeiro equipo e pai do noso adestrador Simón Lambas. pic.twitter.com/IUibp2f5Il<> — Racing Club Villalbés (\racingvillalbes) October 2, 2023<>
O accidente tivo lugar no lugar de Vilouriz, da parroquia de Seixas.
O fútbol mostra o seu respecto por Manolo Lamas
O mundo do fútbol mostrou os seus respectos por Manolo Lambas e o seu apoio ao Rácing Vilalbés. Clubs como o CD Lugo fixeron público o seu pésame á familia racinguista.