Moexmu, cancelada polo coronavirus

Moexmu anuncia su cancelación.EP
photo_camera Un momento do concurso de gando frisón, o único qeu celébrase na provincia de Lugo. M. MANCEBO

A celebración da Moexmu, en Muimenta, unha das feiras agropecuarias máis importantes de Galicia, foi finalmente suspendida tras unha reunión da organización coas promotores administracións que a patrocinan na tarde deste xoves, a causa do avance da pandemia do coronavirus.

En canto ao mercado nacional de gando que se celebra semanalmente en Castro de Ribeiras de Lea, no municipio veciño de Castro de Rei, o seu alcalde, Francisco Balado, recoñeceu que o goberno local está á espera de recibir instrucións por parte da Consellería do Medio Rural.

Precisou que o mercado de gando de Castro, non é un evento "local", senón un dos "mercados nacionais de gando" que hai en Galicia, polo que o Concello espera que a Consellería do Medio Rural adopte unha decisión, nun sentido ou outro, que faga referencia a todos eles.

Si quedou suspendida a tradicional Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, que cada ano congregaba nese municipio lucense a miles de persoas e que nesta ocasión ía celebrarse o domingo 22 de marzo.

O rexedor local, José Ángel, precisou que, nas condicións actuais, non pode celebrarse a feira e aprazala para máis adiante non era posible, dado que a subida de temperaturas asociada ao final da primavera ou aos meses de verán é contraproducente para o desenvolvemento dun evento destas características. 

Comentarios