Mobilizan tres helicópteros para sufocar un conato de incendio en Bendia, en Castro de Rei

O lume quedou controlado en pouco máis dunha hora
Conato de incendio en Bendia, Castro de Rei. EP
photo_camera Conato de incendio en Bendia, Castro de Rei. EP
A parroquia de Bendia, no municipio de Castro de Rei, rexistrou este domingo pola tarde un conato de incendio. Desde Medio Rural, mobilizaron dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e tres helicópteros e o incendio, que empezou pasadas as 18.30 horas, deuse por controlado ás 19.50 horas.

Comentarios