Recunchos a descubrir

Miradoiro de Goía: Unha atalaia natural con vistas infinitas

Nunha impoñente rocha, a 876 metros de altitude, construíse esta fiestra ao mundo á que se accede por unha empinada escaleira de madeira con 132 chanzos
Miradoiro de Goía, na parroquia xermadesa de Lousada de Arriba. MARTA MANCEBO
photo_camera Miradoiro de Goía, na parroquia xermadesa de Lousada de Arriba. MARTA MANCEBO
MIRADOR GOÍA XERMADE (141)O lugar
No quilómetro 37 da LU-540, á altura de Roupar e en dirección Viveiro, hai que desviarse cara Lousada de Arriba. Ao pé da igrexa continuar por unha pista que sube e na que hai que sortear un paso canadiense.
Nomenclatura
O fermoso miradoiro é coñecido como Castelo de Goía e área recreativa na que se atopa como O Peñote.
Potencia eólica
Estas dúas denominacións son tamén as que dan nome a un parque eólico, que ten repartidos un total de 43 muíños xigantes entre Xermade e Muras.

132 son os chanzos que separan o chan do ceo no miradoiro de Goía, unha fermosa atalaia natural, enclavada na parroquia xermadesa de Lousada de Arriba, que permite desfrutar dunhas vistas infinitas das serras da Carba e do Xistral.

MIRADOR GOÍA XERMADE (75)Nunha impoñente rocha construíse, a 876 metros de altitude, este fermoso miradoiro de pedra, ao que se accede por unha empinada escaleira de madeira, que ofrece a posibilidade de admirar unha paisaxe de vexetación autóctona mesturada con grandes pedras graníticas que afloran das entrañas da terra.

Un lugar case salvaxe, solitario e silencioso, no que se pode respirar o aire máis puro da natureza, sempre acompañados pola presenza case invisible de diferentes exemplares de cabalos en liberdade, e co referente menos apetecible dos muíños xigantes que conforman o parque eólico Goía-O Peñote. MIRADOR GOÍA XERMADE (21)

Precisamente ao pé dese peñón que lle dá nome, hai tamén unha área medioambiental que conta cunha gran fonte e una zona de merendas, unha ducia de mesas de pedra para gozar deste impresionante paraxe natural, descoñecido para moitos, pero que cada vez máis nos últimos tempos acapara publicacións nas redes sociais.

Comentarios