sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

UNHA APRENDIZAXE SEN FRONTEIRAS

"A miña valoración cambia cada día facéndose máis positiva"

Manuel Lamela con dous compañeiros na Holi. EP
Manuel Lamela con dous compañeiros na Holi. EP

O vilalbés Manuel Francisco Lamela deu o salto do IES Santiago Basanta Silva a Pune, na India, onde está cursando bacharelato e formándose a través da bolsa de Colegios del Mundo Unido

Despois de acadar un expediente académico brillante no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, Manuel Francisco Lamela segue empapándose de coñecemento, pero ben diferente ao adquirido aquí. É o único galego seleccionado por Colegios del Mundo Unido, o que o levou a estudar bacharelato nun instituto próximo á cidade de Pune, na India, situada no val de Mulshi.

Alí vive con outros 200 compañeiros de "80 nacionalidades diferentes", o que fai desta oportunidade "unha experiencia única", comenta este mozo vilalbés. Máis alá da súa formación académica —cursa matemáticas, química e bioloxía a nivel alto e historia, literatura española e lingua e literatura inglesa a nivel medio—, a bolsa engloba outras actividades "físicas, creativas, comunitarias e sociais", explica ao tempo que recorda que realiza varios servizos no Night School, onde axuda "aos traballadores do campus a aprender inglés", ou en The Apprendice Project, onde ensina o deporte Ultimate Frisbee a rapaces dun colexio próximo.

Manuel Lamela vive con outros 200 compañeiros de 80 nacionalidades diferentes, o que o fai "unha experiencia única", tal e como afirma

Así mesmo, outro curso levouno a Calcuta para traballar a prol dos dereitos das prostitutas. Son esas as experiencias  que considera máis "incribles", a pesar dos momentos "difíciles e dos retos, que son os que me fan crecer e valorar máis isto". Retos como "ensinarlles as regras dun deporte a nenos cos que non compartes lingua", pero que lle fan voltar a vista atrás e comprobar que a súa valoración "cambia cada día facéndose máis positiva", conclúe Manuel.

Formación en todos os eidos
A bolsa de Colegios del Mundo Unido permite que Manuel Lamela explore unha educación "totalmente diferente", con clases "baseadas no pensamento crítico", explica. Por exemplo, en historia traballan "con fontes e artigos", estudando as diferentes perspectivas dos acontecementos. 

"A miña valoración cambia cada día facéndose máis positiva"
Comentarios