Miguel Tellado: "Os veciños de As Pontes merecen saber os plans de Endesa"

"A comarca non pode sufrir durante máis tempo o desprezo" do Goberno socialista, concluíu o secretario xeral do PPdeG

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, censurou este venres de novo ao Goberno de Pedro Sánchez, do que concluíu que "non lle interesa Galicia"

En conferencia de prensa, Tellado aludiu a dous temas concretos para manter esta postura; o próximo peche da central térmica das Pontes e a falta de pagamento da totalidade da "débeda de 700 "millóns" que o Executivo mantén con Galicia, tras abonar 167 millóns en novembro.

Sobre o peche da central térmica das Pontes, o dirixente do PPdeG asegurou que se chegou á situación actual "pola política irresponsable de Pedro Sánchez" que levou a expulsar "" do mercado das eléctricas ás centrais de carbón. 

Ademais, continuou, "fixo que isto sucedese sen un plan alternativo para as comarcas dependentes deste tipo de industrias. 

Durante a súa intervención esixiu "transparencia" ao Goberno de Pedro Sánchez e reivindicou que a "mellor solución" para a comarcara é "a reactivación inmediata da planta". 

"Probablemente é o que quixese Pedro Sánchez, por iso imos esgotar todas as vías políticas"

Asegurou, ademais, que a proposta do Goberno nunca foi unha "transición xusta", xa que apostou dede o principio por "unha ruptura, polo peche" da planta "sobre as costas dos traballadores". 

"A comarca non pode sufrir durante máis tempo o desprezo" do Goberno socialista, concluíu. 
Tellado aproveitou a conferencia de prensa para reivindicar as propostas e "vías legais e posibles" da Xunta ao Goberno para que pague a totalidade da débeda con Galicia. 

Insistiu en que o pago da mensualidade do IVE correspondente a decembro de 2017 (200 millóns de euros) pódese facer "antes de final de ano" e se o Goberno non o fai, dixo, é porque carece de vontade "política"

"A Xunta fixo un traballo que nin sabe nin quixo facer o goberno de Pedro Sánchez porque non lle interesa resolver os problemas de Galicia", resolveu. 

Preguntado pola posibilidade de reclamar nos tribunais as cantidades debidas, Tellado sinalou que a Xunta "non renuncia" a ningunha vía, aínda que, explicou, "o normal é esgotar todas as vías antes que a xudicial".

Ademais, defendeu que se a Xunat acudise á vía xudicial o Goberno tería "a gran escusa para non pagar" xa que, interpretou, o Executivo argumentaría que "o tema está xudicializado e que o decida un xuíz".

"Probablemente é o que quixese Pedro Sánchez, por iso imos esgotar todas as vías políticas, administrativas, que os distintos foros, como o Consello de Política Fiscal e Financeira, establecen", concluíu.

Comentarios