Miguel Alvariño suma dúas medallas por equipos nos Xogos Mediterráneos

O tamén pontés Daniel Castro saboreou xunto a el a prata na competición masculina, mentres que na modalidade mixta levou o bronce xunto a Elia Canales
Miguel Alvariño. TWITTER (@COE_es)
photo_camera Miguel Alvariño. TWITTER (@COE_es)

O porteiro pontés Miguel Alvariño segue ampliando o seu palmarés este ano e sumou na mañá deste venres dúas medallas máis, ambas na modalidade por equipos, nos Xogos Mediterráneos que se están celebrando en Orán (Alxeria).

Alvariño fíxose coa prata na competición masculina por equipos, xunto ao tamén pontés Daniel Castro e ao burgalés Pablo Acha, tras caer na final polo título de campión por 6-2 contra Francia.

A outra medalla foi no apartado mixto por equipos, xunto a Elia Canales, con quen se impuxo (6-2) na eliminatoria polo bronce ao combinado grego.

Comentarios