Mestura de Nete doa 4.365 euros a Alucem no seu V Festival Benéfico

A asociación vilalbesa clausurou as súas clases de música desta tempada coa clásica cita, que ofreceu varias actuacións no auditorio municipal 
Entrega del donativo a Alucem. M.ROCA
photo_camera Entrega del donativo a Alucem. M.ROCA

Mestura de Nete, o colectivo cultural xurdido da asociación de veciños da parroquia vilalbesa de San Cosme de Nete, celebrou este sábado o seu xa tradicional festival benéfico. Na súa quinta edición, lograron recadar un total de 4.365 euros, que xa lle foron entregados a Alucem (Asociación Lucense de Esclerose Múltiple) no transcurso do evento, celebrado un ano máis no auditorio municipal da Vilalba

Público en auditorio vilalbés. M.ROCA
Público en auditorio vilalbés. M.ROCA

Desde Alucem mostráronse "emocionados" e tamén "impresionados" por esta colaboración desinteresada, animando a Mestura de Nete a manter viva esta iniciativa nos próximos anos. Avanzaron ademais un convenio co Sergas, a través do que prevén ofertar en Vilalba servizos como fisioterapia ou logopedia.

"Non contabamos con tanta xente, porque esta fin de semana había moitos eventos, pero vendemos máis de 300 entradas, moitas dá fila 0, e as rifas vendéronse todas, estamos moi contentos", valoraban desde Mestura de Nete, que hai xa varios anos decidiu darlle un xiro ao que sería o clásico festival de strong<> fin de curso, apostando por cobrar entrada "para colaborar cunha boa causa", converténdoo así nunha cita solidaria.

Unha das actuacións do V Festival Benéfico de Mestura de Nete. M.ROCA
Unha das actuacións do V Festival Benéfico de Mestura de Nete. M.ROCA

Polo escenario do auditorio pasaron tanto a agrupación principal de Mestura de Nete como os distintos grupos xurdidos das clases de música —batukada, acordeón, canto, baile...—, ás que asisten máis dun centenar de persoas desde outubro. De impartilas encárganse Xabier Igrexas (baile), Andrés Penabad (acordeón), Pablo Pintor (percusión), Marta Dourado (pandereita) e Ángel (gaita). E desde &a nbsp;entidade apuntan que tanto para a escola de música como para o resto de actividades o prazo de inscrición xa está aberto.

Mestura de Nete sorteou tamén varios agasallos durante a cita e agradeceu a colaboración de diversos establecementos como Eferro, O Peto Máxico, o Concello de Vilalba ou a Deputación de Lugo.

Comentarios