Alicia Valle Portela, veciña de Meira, cumpre este martes 100 anos e para celebralo reuniuse con toda a súa familia a noite do pasado sábado na casa rural Lar de Donas, onde gozaron dunha cea servida polo Restaurante Nadela.
Os asistentes ao aniversario aproveitaron para charlar de tantas cousas ocorridas durante o último século, pois Alicia conserva unha excelente memoria.