martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Meira promove un ciclo de visitas guiadas ao mosteiro

Participantes na visita guiada deste fin de semana. C. PÉREZ
Participantes na visita guiada deste fin de semana. C. PÉREZ
As próximas serán o día 12, coincidindo coa feira, e o 18

No marco da programación de Nadal, o Concello de Meira está a ofrecer un ciclo de visitas gratuítas ao mosteiro cisterciense, aberto a calquera persoa que queira sumarse. "Había xente interesada e houbo quen non puido participar nas que se fixeron no verán, polo que decidimos facelas outra vez", explica Yoani Jartín, a responsable da oficina de turismo municipal e encargada de guiar o percorrido.

O ciclo, programado para os sábados ás 12.00 horas, comezaba o pasado 27 de novembro e terá continuidade ata o 18, se ben a fixada para o día 11 se adiará ao 12, domingo de feira, tendo en conta que terá que facerse máis cedo para non coincidir coa misa dominical, que é ás 13.00 horas. As persoas interesadas en sumarse a este ciclo ou concertar cita para outro día -son gratuítas para escolares ou para veciños; para o resto, fóra do ciclo, teñen un coste que se fixa segundo o número de persoas- poden chamar ao 618.67.96.32. ou remitir un correo a [email protected]

Yoani Jartín precisa que os percorridos e as explicacións do contexto histórico se adaptan ao público, se ben en todas se dá a coñecer o interior e o exterior da igrexa de Santa María, con paradas na Sala das Reliquias, no baptisterio ou no salón parroquial, así como no Claustro dos Cabaleiros ou na Praza do Concello.

Ademais desta actividade, a programación do Nadal meirego inclúe o día 12, de 10.00 a 14.00 horas ao carón da porta da igrexa, un rastrillo benéfico con pezas feitas á man por distintos colaboradores, promovido pola Confraría Nosa Señora do Pedregal. Esta tamén prevé organizar, se a situación sanitaria o permite, unha chocolatada o 22 (Praza do Convento, 21.00 horas) e o tradicional belén vivinte os días 25 e 6 de xaneiro (igrexa, 13.00 horas).

Ademais, haberá un festival de corais o 18 (igrexa, 19.30) a Banda de Música de Meira ofrecerá un concerto o 26 (igrexa, 20.30) e o 31 os meiregos poderán despedir o ano cunhas badaladas adiantadas. Serán ás 12.00 horas na Praza do Concello e contarán con animación musical. A cabalgata de Reis será o día 5 de xaneiro e a programación de Nadal despedirase o día 8 cun concerto (igrexa, 20.30) do grupo de gaitas e de acordeóns da escola de música meirega.

Concurso de decoración

A asociación de comerciantes, empresarios e autónomos de Meira (Acea) organiza o II Concurso de Decoración de Escaparates de Nadal, no que participan máis dunha vintena de negocios.

Votacións. As prppostas pódense ver e valorar no Facebook da entidade ata o día 6. O público determinará cos seus votos cal é a decoración gañadora

Meira promove un ciclo de visitas guiadas ao mosteiro
comentarios