Meira, A Pastoriza, Outeiro de Rei e Mondoñedo gañan a Liga escolar chairega

O pavillón de Vilalba acolleu as finais de fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O día 23 de abril arrinca a Copa, cuxa clausurá será o 28 de maio no polideportivo pastoricense
Equipos participantes nas finais da liga de fútbol sala escolar Xogade. C.PÉREZ
photo_camera Equipos participantes nas finais da liga de fútbol sala escolar Xogade. C.PÉREZ
Resultados das finais da liga escolar de fúbol sala de Terra Chá Xogade
Prebenxamín. Guitiriz (1): Kevin (adestrador); Morado, Borja, Santos, Iván, Aron, Paulo, Rei, Seijas, Adrián, Mateo e Noel. Outeiro (2): Carlos Arturo (adestrador); Blanco, Martín, Mario, Antón, Miguel, Daniel, Bruno, Ainara, Pereira, Hugo e Carlos.
Benxamín. Guitiriz (4): Kevin (adestrador); Miguel, Asier, Thiago, Iker, Anxo, Eric, Xavi, David e Iago. Outeiro (7): Gigán e Lucas (adestradores); J. David, Ossian, Yoel, Picado, Aron, Rui, Andrés, Thiago, Elías, Mateo, Roi e Enzo.
Alevín. Pastoriza (2): Álvaro e Juanma (adestradores); Matías, Aldara, Zaida, María, Enma, Jessi, Nasr, Jose Manuel, Fran, Migui, Álvaro e Hugo.
Guitiriz (1): Maradona (adestrador); Adrián, Xaquín, Laura, Leonel, Ainhoa, Losada, Maroño, Juan e Xoel.
InfantilPastoriza (3): Álvaro e Juanma (adestradores); Marcos, Iker, Iker Sandamil, Noa, Xurxo, Zoe, Migui, Dani, Hakim e Diego Cantil. Meira (9): Alicia (adestradora); Lucas, Zoe, Ayoub, Bruno, Gael, Iker, Raúl, Víctor, Sergio e Diego.
CadeteVilalba (0): Aitor Eijo (adestrador); Abraham, Toni, Isma, Dani, Pablo Díaz, Luis, Xoel, Pablo Rañal, Martín, Samuel, Noé, Javi, David Rey, Jesús e Ángel. Mondoñedo (3): Jacobo e Adrián (adestradores); Andrés, Diego, Iago Díaz, Iago Pena, Lucas, Héctor, Antón, Antonio, Brais, Bruno e Adrián.

En marzo de 2020, coma tantas outras cousas, a competición de fútbol sala escolar Xogade parou. E non foi ata outubro de 2021 cando se puido retomar. Había moitas ganas de volver, porque os adestramentos, os desprazamentos, os partidos semanais e a conviencia en xeral formaban parte do día a día dos centos de rapaces que participan na Liga escolar de Terra Chá, que vén de clausurar esta tempada coa disputa das semifinais en Baamonde e en Outeiro de Rei e das finais en Vilalba

GUITIRIZ
Os equipos prebenxamín, benxamín e alevín de Guitiriz. C.PÉREZ

Ao redor de 350 futbolistas dos seis aos 16 anos (cumpridos este ano), participaron na competición ligueira, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. A culminación ao esforzo realizado nestes últimos seis meses materializouse nun pavillón municipal cheo, que seguiu con expectación as cinco emocionantes finais. 

Os primeiros en saír á pista foron os equipos infantís da Pastoriza e de Meira, que lograran o billete para a capital chairega tras impoñerse, repectivamente, a Begonte (3-1) e a Vilalba (5-0).

PASTORIZA
Equipos alevín e infantil da Pastoriza. C.PÉREZ

A Pastoriza tamén tivo presenza na final alevín, onde se mediu a Guitiriz, a escola municipal con máis representación, xa que logrou clasificar a tres dos seus equipos, se ben desta vez houbo sorpresa e non acadou ningún dos títulos en xogo. Os pastoricenses clasificáranse tras vencer (5-1) a Vilalba, e Guitiriz ao gañarlle (2-1) a Meira. 

Nas categorías benxamín e prebenxamín medíronse Guitiriz e Outeiro de Rei, con ámbalas dúas vitorias para os últimos. Nas semifinais, os guitiricenses impuxéranse á Pastoriza (5-1) e a Castro de Rei (3-0), respectivamente, mentres que Outeiro de Rei acadaba os pases en sendas tandas de penaltis, tras empatar no tempo regulamentario tanto co Vilalba benxamín (2-2) coma co Cospeito prebenxamín (1-1).

OUTEIRO DE REI
Equipos de Outeiro de Rei, cos trofeos prebenxamín e benxamín. C.PÉREZ

A última final en dirimirse nesta intensa mañá deportiva foi a cadete. Mondoñedo fíxose co título tras conquistar a clasificación fronte a Meira (7-2), e Vilalba proclamouse subcampión de Liga logo de lograr o pase ante Outeiro de Rei (5-3).

A entrega de premios contou coa presenza da alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e do concelleiro de deportes, Xosé Teixeiro. Tamén estivo presente Juan José Somoza, coordinador da Agrupación Deportiva Terra Chá, que organiza estas competicións escolares dentro do marco do programa Xogade, e representantes dos distintos concellos participantes.

MEIRA 2
 Equipo de Meira, campión infantil. C.PÉREZ

Coa Liga xa resolta, chega a hora de pelexar pola Copa escolar da Terra Chá. O calendario da competición copeira arrincará o vindeiro 23 de abril —aqueles equipos que xoguen o campionato provincial, pola coincidencia de datas, aprazarán os seus partidos— e contará coa participación dun total de 35 conxuntos dos mesmos once municipios que participaron na Liga desta tempada 2021-2022.

Para a disputa, fixáronse un total de dez grupos, dous por cada categoría, con tres ou catro equipos en cada un deles. Estes mediranse en tres xornadas, os días 23 e 30 de abril e o 7 de maio —resérvase unha cuarta o 15 de maio para partidos aprazados—. Os dous primeiros de cada un destes grupos cruzaranse nas semifinais, fixadas para o 21 de maio, e nelas buscarán as areladas prazas nas finais, que terán lugar no pavillón polideportivo da Pastoriza o vindeiro 28 de maio.

Mondoñedo, campión cadete. C.PÉREZ
Mondoñedo, campión cadete. C.PÉREZ

No grupo prebenxamín A quedaron encadrados os equipos de Guitiriz, Cospeito e Mondoñedo; e no B, Outeiro de Rei, Vilalba e Castro de Rei. No benxamín A pelexarán por las dúas primeiras prazas Guitiriz, A Pastoriza, Mondoñedo e Cospeito; e no B farán o propio Outeiro de Rei, Meira e dous equipos de Vilalba.

Guitiriz, A Pastoriza, Mondoñedo e Cospeito; e Outeiro de Rei, Meira, Vilalba e Begonte conforman os grupos A e B da categoría alevín, mentres que en infantil están integrados por A Pastoriza, Begonte e Mondoñedo (A), así como por Meira, Vilalba e Outeiro de Rei (B).

VILALBA
Vilalba, logo de recoller o trofeo de subcampión de liga cadete. C.PÉREZ

Por último, en cadetes mediranse, no grupo A, Burela, Ribadeo e Mondoñedo —os dous primeiros adheríronse á Liga chairega por non ter competición desta categoría na Mariña e os mindonienses levan xa anos xogando na Terra Chá—, e no B, Outeiro de Rei, Cospeito, Meira e Vilalba. 


Campionato provincial Xogade 
O campionato provincial de fútbol sala escolar Xogade arrinca coa disputa dos cuartos de final o 23 de abril, nas categorías benxamín, alevín e infantil —prebenxamín e cadete non compiten—. Os seis equipos que disputaron as finais chairegas mediranse aos mellores das fases locais da Montaña, Sur Occidental, Río Cabe e A Mariña. As semifinais e finais dos que pasen de fase serán ou o 30 de abril ou o 7 e 8 de maio.

Comentarios