Matías Valiña Teijeiro

Castro de Ribeiras de Lea sente profundamente a perda de Matías Valiña Teijeiro, un polifacético e moi querido veciño que faleceu aos 79 anos de idade. De costumes arraigados, adquiría cada día O Progreso no quiosco e á súa pausada lectura entregábase de principio a ï??n. Tampouco lle faltaba o seu café no histórico café Cóndor, pechado hai pouco.

Matías Valiña foi empregado da Deputación no psiquiátrico da localidade, pero ademais era unha persoa que tanto exercía de zahorí buscando un manancial para un veciño como de pescador ou cazador nos seus intres libres cando a veda o permitía.

Foron moitas as mostras de pesar que chegaron á familia desde que se tivo coñecemento do falecemento de Matías, en especial destinadas á súa esposa, María Josefa Teijeiro Muinelo, e ao seu fillo, José Valiña Teijeiro, tamén traballador do psiquiátrico igual que o seu pai e actualmente funcionario do Sergas, que creara nos anos noventa o grupo de rock Madia Leva e xogado ao fútbol no CD Castro.

As constantes mostras de pesar continuarán hoxe no funeral polo seu eterno descanso, que terá lugar na igrexa de Castro, así como o enterro no cemiterio de Duarría.

José Ángel Díaz

Comentarios