María Reimóndez presenta en Vilalba a obra gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz

O acto contará coa intervención da autora de Fóra do normal, xunto a Manuel Bragado, Agustín Baamonde, Fran Alonso, Marisa Barreiro e Eric Dopazo

María Reimóndez. IVÁN REYMÓNDEZ
photo_camera María Reimóndez. IVÁN REYMÓNDEZ

A escritora María Reimóndez presentará este venres, día 7, en Vilalba o seu libro Fóra do normal, gañador do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, organizado en 2017 polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello vilalbés e Edicións Xerais, encargada da súa publicación.

O acto celebrarase na casa da cultura, a partir das 20.30 horas, e nel intervirán, ademais da propia autora, o anterior director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado; o escritor Fran Alonso; o activista trans Eric Dopazo; o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

Fóra do normal conta con ilustracións de Antonio Seijas e aborda o conflito entre identidade e corpo que ten André, o protagonista. A novela expón unha historia de denuncia á transfobia, o bullying, o machismo e crítica ao desuso da lingua galega.

Comentarios