M de Meira organiza un acto en lembranza de Xose da Flor polo seu cabodano

O obxectivo é que o seu legado "perdure"

Xosé Salgado
photo_camera Xosé Salgado

 A asociación cultural M de Meira, veciños e amigos organizan este sábado un acto en lembranza de Xose da Flor, falecido o 15 de novembro do ano pasado aos 31 anos.

"Despois do cabodano relixioso que haberá na igrexa ás 18.00 horas, xuntarémonos no cabanón da feira para compartir lembranzas, anécdotas, leremos os seus textos e xuntaremos fotos e outros recordos nun libro da memoria de XDF e todo o que a cada un se lle ocorra e poida achegar", expresan os organizadores deste acto, que explican que o obxectivo é que "o seu legado perdure".

Comentarios