Un lume en Cospeito calcina un tractor

Tamén consumiu parte do material almacenado dentro dun inmoble sen rexistrar danos persoais

Tractor calcinado en Cospeito. MARTA MANCEBO
photo_camera Tractor calcinado en Cospeito. MARTA MANCEBO

Un lume orixinado nunha palleira na parroquia de San Martiño de Lamas, en Cospeito, calcinou por completo un tractor e tamén consumiu parte do material almacenado no interior do inmoble sen rexistrar danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada dunha persoa particular ás 8:00 horas, solicitando axuda para apagar o lume que se iniciara nunha máquina agrícola.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e tamén da Garda Civil.

Tras finalizar os labores de extinción, confirmouse que o vehículo ardeu por completo e que o fume tamén afectou a outro tractor que había no interior da palleira.